Noia, 5 de xaneiro de 2011. O Plan Comarcal de Prevención de Drogodependencias, cuxa xestión administrativa recae no Concello de Noia e que no seu ámbito de actuación engloba os Concellos de Noia, Lousame, Porto do Son, Outes e Muros, dará continuidade durante 2011 aos seguintes programas de prevención de drogodependencias, que xa comezaron a principio do curso escolar:
O SEGREDO DA BOA VIDA
Repartirase un caderno editado polo Ministerio de Sanidade con actividades sobre hábitos saudables entre o alumnado de 5º e 6º de primaria, con consellos sobre alternativas de ocio saudables e prevención de hábitos nocivos (prevención do consumo de tabaco e alcohol fundamentalmente).
CAMPAÑA DE PREVENCIÓN DO CONSUMO DE COCAÍNA
Repartirase material informativo e de sensibilización para previr o consumo de cocaína en espazos de ocio e entre a poboación xuvenil. O devandito material co lema: "COA COCA, NON TE RAIES" ten como finalidade fomentar a reflexión acerca dos riscos que o consumo de cocaína implica así como formar os mediadores para que interveñan coa poboación consumidora co fin de transmitir información sobre os recursos asistenciais para tratar a dependencia a esta substancia.
INFORMACIÓN SOBRE AS NOVAS NORMATIVAS:
LEY 42/2010, DE 30 DE DICIEMBRE, POR LA QUE SE MODIFICA LA LEY 28/2005, DE 26 DE DICIEMBRE, DE MEDIDAS SANITARIAS FRENTE AL TABAQUISMO Y REGULADORA DE LA VENTA, EL SUMINISTRO, EL CONSUMO Y LA PUBLICIDAD DE LOS PRODUCTOS DEL TABACO. (Ámbito estatal).
LEI 11/2010, do 17 DE DECEMBRO, DE PREVENCIÓN DO CONSUMO DE BEBIDAS ALCOHÓLICAS EN MENORES DE IDADE. (Ámbito autonómico).
Para o cal, todas aquelas persoas e entidades que queiran se poderán informar sobre o contido das citadas leis na oficina do Plan Comarcal de Prevención de Drogodependencias, situada na Rúa do Curro, 4. 2º andar, os xoves de 10:00 a 12:00 h., no teléfono: 609.82.31.34 ou no email: infodrogas@gmail.com.
REPARTO DE GUÍAS SOBRE DROGAS ENTRE AS FAMILIAS
Co obxectivo de informar as familias sobre os riscos do consumo das diferentes drogas, así como dar pautas de actuación a estas, enviarase a cada domicilio un exemplar da GUÍA SOBRE DROGAS, editada polo Plan Nacional sobre Drogas.
XORNADAS DE INFORMACIÓN
Tamén se realizarán xornadas de información sobre a prevención do consumo das diferentes drogas, en especial, debaterase sobre o cánnabis e a cocaína. Así como sobre adiccións comportamentales: ludopatías e xogo on-line.
AULA DE SAÚDE
Tamén e con carácter periódico (1 ao mes) tense previsto realizar charlas sobre temas de saúde e de medicina. Sobre temas de actualidade como a modificación da lei do tabaco ou a de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.
PASAPORTE FORMATIVO
Co obxectivo de recoñecer a asistencia ás actividades informativas e formativas que polo seu carácter puntual non excedan de 10 horas continuadas de formación (co formato de charlas ou conferencias) crearase un pasaporte formativo no cal se irán acumulando horas para a expedición dun certificado de asistencia co número de horas de formación.
MES DO SEXO SEGURO
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario