Acto floral na tumba de Valle en 2010. Imaxe de Alberto Besada García A Pobra do Caramiñal, 5 de xaneiro de 2011.Co gallo do 75 cabodano do escritor Ramón María del Valle-Inclán ten lugar esta mañá, no cemiterio onde repousan os seus restos mortais, en Boisaca (Santiago de Compostela) un acto de homenaxe que supón o comezo dos moitos que terán lugar ao longo deste 2011.
Na homenaxe floral estarán, entre outras autoridades e en representación da alcaldía de A Pobra, a concelleira de Cultura de A Pobra do Caramiñal, Encarnación González Montemuiño, e o director do Museo Valle-Inclán, Antonio González Millán. Tamén se conta con integrantes da asociación Amigos do Museo Valle-Inclán e o escritor Xoán Xosé Fernández Abella.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario