24.1.11

Ribeira: loitadoras marroquís de taekwondo pasan uns días na vila convidadas por un club local

A comunidade marroquí ribeirense, composta por arredor dun cento de persoas, recibiunas e tivo unha xuntanza con elas o pasado sábado


Ribeira, 24 de xaneiro de 2011.- A invitación do club Natural Sport Biomeganutrición, nove integrantes do combinado feminino de taekwondo de Marrocos está a pasar uns días en Ribeira co fin de realizar sesións de adestramento conxuntas que axuden ao equipo riveirense a preparar o campionato de España e o ano preolímpico. 

O pasado sábado á tarde, estas loitadoras, acompañadas do prestixioso adestrador marroquí Mustafá Akkouh, que formou a moitos campións mundiais e é o actual representante da Federación Mundial de Taekwondo para os países francófonos de África, tiveron ocasión de manter unha xuntanza con preto dun centenar de marroquís afincados no municipio e no entorno, xuntanza na que tamén participaron dúas deportistas belgas discípulas de Mustafá Akkouh.

Tamén estiveron neste encontro, que tivo lugar na planta alta da cafetería Bulevar (no Malecón de Santa Uxía), os concelleiros de Deportes e de Servizos Sociais, Miguel Ángel Vidal Tomé e Esther Patiño Rey. Esta última foi a encargada de falar no nome da Corporación Local dándolle a benvida á comitiva africana e poñendo de releve a magnífica relación que garda a veciñanza ribeirense coa comunidade radicada no municipio. Ambos edís obsequiaron aos deportistas invitados con diverso material turístico do Concello.

O evento finalizou cunha degustación de doces típicos variados típicos do país magrebí.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical