Os primeiros auxilios son imprescindibles para profesións como a de socorrista
Ribeira, 24 de xaneiro de 2011. O vindeiro 31 de marzo, xoves, de 16:00 a 20:00 horas terá lugar nos locais sociais do Liceo Marítimo de Ribeira un taller de primeiros auxilios co obxetivo de adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxilios básicos. Organiza a entidade do Liceo en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, dependente da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
O número de participantes está limitado a 40 persoas que deberán facer a súa inscripción nos locais sociais do Liceo Marítimo ou ben chamando o teléfono 981 870650. O taller será impartido por tres profesionais: Luisa Chayán Zas, licenciada en Medicina, xefa do servicio de docencia da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, instructora da American Heart Association (AHA) en SVB y SVCA de adultos; Leonor Estévez Alvarez, médico asistencial do 061, instructor da Asociación Americana de Cardioloxía (AHA) en soporte vital avanzado en adultos y D. Angel Chayán Zas, diplomado en Enfermería, postgrado en enfermería de Urxencias y Emerxencias extrahospitalarias e evaluador de Emerxencias Sanitarias.
Ao rematar o obradoiro entregarase un certificado de asistencia a todos os participantes.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario