28.1.11

Ribeira: o Plan de Formación da área de Xuventude en 2011 comeza o luns, cun curso de monitores de tempo libre

Outros cursos programados para o semestre abordarán Internet, vela lixeira, equipos de son, prácticas de clown e globoflexia

Ribeira, 28 de xaneiro de 2011.- Un curso oficial de monitores en actividades de tempo libre que impartirá a Escola Galega de Tempo Libre principia o Plan de Formación dirixido aos mozos do municipio que organiza a Concellería de Xuventude  nesta anualidade. O seu edil titular, Vicente García, acompañado do técnico municipal de Xuventude, Mario Vidal, desvelou hoxe as actividades de que consta este plan formativo no primeiro semestre e engadiu que o seu Departamento está a traballar noutras accións para o segundo semestre. 

Así, o citado curso de monitores abrirá xa o seu prazo de inscrición o vindeiro luns e constará de 200 horas lectivas na que se abordarán temas como a psicosocioloxía, a lexislación, as técnicas de acampada, unha área de educación ambiental e natureza, unha área de animación e xogos e outra área de saúde. 

Celebrarase predominantemente os sábados e tamén algún domingo ou festivo entre febreiro e xuño, conforme á seguinte planing:

  • Febreiro: días 19, 26 e 27
  • Marzo: 12, 19, 26 e 27
  • Abril: 2, 9, 16, 17, 23 e 30
  • Xuño: 4 e 11

O horario será  de 9 a 14 horas e de 16 a 21 horas. Poderá haber un máximo de 25 alumnos e cómpre ser maior de 18 anos e posuír como mínimo estudos de graduado escolar ou secundaria. O curso ten un custe de 260 euros dividido en dous pagos, subvencionando a Concellería de Xuventude o segundo curso aos empadroados no municipio. Para máis información e inscricións, hai que poñerse en contacto coa Oficina Municipal de Xuventude, chamando ao número 981 835 650 ou enviando un e-mail a xuventude@riveira.com 

Neste primeiro semestre, o programa de formación abrangue tamén as seguinte accións:


A globoflexia sempre ten éxito entre os pequenos

  • No mes de febreiro: un curso monográfico de globoflexia e un curso de manexo de equipos de son e gravación de maquetas.
  • En marzo: un curso web 2.0 en marzo.
  • En abril: un curso de aspirante a instrutor de vela lixeira.
  • E en maio: un curso de iniciación ao clown

As inscricións en cada unha destas actividades será subvencionada parcialmente polo Concello. 

Vicente García indicou que a súa Concellería está traballando na confección para o futuro doutros novos cursos formativos sobre hip-hop, parkour e grafitti.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical