
Mercada en 2005 e obras adiadas durante anos
O edificio está emprazado nunha vivenda tradicional que foi comprada no ano 2005 polo Concello e rehabilitada para convertila en casa museo municipal. Así, recuperouse un inmoble histórico, exemplo emblemático do que foi a arquitectura tradicional galega ao longo de século pasado, logo de diferentes peripecias que adiaron durante anos as obras e posta a punto. O edificio, do que se respectou a fachada orixinal de cantería, componse por planta baixa e dous pisos comunicados entre si por unha escaleira interior. Os forxados interiores son de madeira e apóianse en todo o perímetro sobre os muros de pedra. O total de superficie construída é de 495,45 metros cadrados, distribuídos do seguinte xeito: baixo: 94,45 m2; primeiro, 164,20 m2; segundo, 165,70 m2; e baixocuberta, 71,10 m2. O xoves será o momento de desvelar e amosar as diferentes exposicións e coleccións con que estará dotado este inmoble, chamado a ser un dos máis visitados do municipio.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario