Boiro terá que ir pagando préstamos polo menos ata o ano 2032Boiro, 28 de xaneiro de 2011. A creba técnica do Concello de Boiro non é un segredo agochado. Cada día hai queixas de proveedores e acreedores, algún dos cales ata twittea con indignación que non lle satisfagan débedas atrasadísimas. A débeda municipal é, en consecuencia, a principal arma de debate político entre o equipo de goberno (Bng e Psoe) e a oposición (PP). Esta mañá o Partido Popular fixo declaracións sobre o estado financieiro do Concello. En Certo nunca recibimos unha soa nota do PP de Boiro, así que non podemos ofrecerlla. Terán que imaxinar o que dixeron -lerano mañá noutros medios- segundo a resposta que xa enviou o equipo de goberno de Boiro. Unha resposta que, como facemos sempre, lles achegamos íntegra:
"Ante a rolda de prensa ofrecida hoxe polo Grupo Municipal do PP de Boiro acerca da situación financeira do Concello, o goberno quere manifestar o seguinte:
- O Concello de Boiro amosa nesta ano 2009 unha melloría con respecto ós resultados do ano anterior. As magnitudes económico - financeiras máis relevantes son positivas (resultado orzamentario bruto e neto, aforro bruto e neto , remanente de tesourería e mesmo o porcentaxe de endebedamento que se sitúa nun 88% ). Estes datos figuran reflectidos no seguinte cadro:
|
- Con respecto o traballo desenvolto polo Concello en materia de control do gasto corrente, detállase deseguido,
TRABALLO DESENVOLTO EN CONTENCIÓN DO GASTO CORRENTE ( Redución 13%):
- LICITACIÓN DE SERVIZOS MUNICIPAIS, permitiu aforros significativos ;
Servizo de recollida de lixo do contenedor aamarelo.
Servizo de recollida do contenedor de cartón.
Servizo de mantemento de ascensores municipais (en paquetes conxuntos).
Servizo asegurador de responsabilidade civil, vehículos e edificios municipais.
Servizo de atención á dependencia ( servizo a domicilio)
Servizo de limpeza de instalacións municipais.
Servizo de mantemento da Depuradora Municipal e Saneamento.
- REORGANIZACIÓN DE PERSOAL PARA ATENCIÓN DE SERVIZOS :
Reorganización de servizos municipais para acometer servizos externalizados;
Limpeza de contenedores
Limpeza viaria en domingos e festivos
Servizo de vixiancia do Párking Municipal
Servizo de mantemento de campos de fútbol municipais.
- PLAN DE AFORRO ENERXÉTICO:
Implantación do PLAN EMAS ( aforro en consumos na Casa Consistorial).
Instalación de luminarias (alumeado público ) de aforro enerxético; Na Cachada, na rúa principal, en Cabo de Cruz, en Escarabote., Fieiteira,..etc.
Optimización do alumeado público encamiñado a aforro enerxético
Elaboración dunha auditoría enerxética en colaboración coa Deputación Provincial, que definiu os investimentos a realizar para conseguir un aforro enerxético notable; ( execución durante o ano 2011), Pavillón de Barraña (paneis solares), ....etc.
Substitución das luminarias da Praza de Abastos ( PlanDeputación Provincial )
Unha das débedas máis controvertidas foi a de facer a nova casa do concello
Con respecto ao que reiteradamente ven indicando o PP de Boiro sobre o nivel de endebedamento municipal , e que cifra en 10.720.327€, o goberno quere manifestar o seguinte:
Detalle de préstamos formalizados nas lexislaturas do PP:
(páx. 20-25 informe CONTA XERAL 2009)
Data Importe Período
18/11/08 1.042.645€ 20 anos
14/05/99 300.506€ 20 anos
21/12/99 1.823.152€ 20 anos
08/02/00 592.009€20 anos
15/11/01 1.460.459€ 20 anos
08/10/02 2.260.800€ 20 anos
TOTAL..................................... 7.479.661€
En 2002 superouse o límite legal do 110% ................ 122%
Detalle débedas do PP aboadas polo actual goberno..... 2.566.000€
Pagamento a NECSO, pola CASA CONSISTORIAL .................. 628.000€
Expropiacións da Cachada.......................................................... 805.000€
Expropiacións da Cachada (CON sentenza ).............................. 413.000€
Expropiacións da Cachada ( SENsentenza ).............................. 720.000€
( 375.000€ - sensentenza + 345.000€ - a sentenza que gañamos)
TOTAL DÉBEDAS PP................10.045.661€"Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario