A Pobra do Caramiñal, 28 de xaneiro de 2011. Está na praza de abastos de Santiago e os seus donos son Iago Pazos, da Pobra do Caramiñal, e Marcos Cerqueiro. Abastos 2.0 é un local, en verbas deles mesmos, de "cociña miúda" ou "barra efémera". E acaba de levar o premio de Madridfusión como "Modelo de Negocio máis innovador". Abriu o 31 de decembro de 2009 e en pouco tempo acadou unha gran sona, non só polo ben que se come e o ben que cociñan -de xeito personalizado se o comensal quere, só hai que dicirlles o que un quere gastar e o que lle gustaría probar e eles van buscalo ao mercado e sorpréndenche- senón polo emprego do galego nas súas comunicacións e pola aposta pola Rede para difundir o seu negocio. Se queren unha boa análise deste negocio, só teñen que ir a Capítulo 0 e ver de que vai. Polo premio concedido onte saen hoxe ata no portal do Consello da Cultura Galega, aquí, porque a gastronomía é un eido da cultura que convén non descoidar. Algo que non fan este pobrense, Iago Pazos, e o seu socio, pois van polo mundo -onte en Madrid, en Internet ata calquera lugar- fachendeando dos produtos e da fala desta terra. Se queren ver a actuación de Iago Pazos e Marcos Cerqueiro onte en Madrid, teñen unha entrada en Afuegolento.com, con este pequeno vídeo:
Sitios de referencia:
http://www.abastosdouspuntocero.es/
Perfil en Facebook, aquí
Twitter, aquí
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario