8.2.11

Boiro: vaise un novo voluntario a Romanía para participar en proxectos educativos en Craiova


Casa do Concello de Craiova, en Romanía (Wikipedia)

Boiro, 8 de febreiro de 2011. O vindeiro 15 de febreiro o Concello de Boiro enviará de novo a un voluntario para participar nun proxecto europeo en Romanía. Con este xa son 6 os mozos (4 nun proxecto en Romanía, un nun proxecto en Irlanda e outro nun proxecto en Italia) que na actualidade foron enviados pola entidade local dentro do proxecto Xuventude en Acción para participar en proxectos de diversa índole, fundamentalmente do eido social. Concretamente, este novo voluntario participará nun proxecto de educación non formal en centros educativos na cidade de Craiova desde o 15 febreiro ata o15 de novembro do 2011.

Tanto técnicos como a Concelleira de Mocidade, Dores Torrado, destacan "o éxito que está  a ter o programa de voluntariado europeo e as elevadas peticións que teñen na oficina de información xuvenil non só procedentes da comarca do Barbanza, senón que son moitos os mozos que recorren á oficina de Boiro procedentes doutros concellos para tomar parte desta iniciativa. Ata o de agora o país con máis demanda foi Romanía, posto que é un dos países con máis proxectos activos para acoller a voluntarios, pero as ofertas son moi variadas tanto en temática como en ubicación".

A Concellería de Mocidade, que ata o momento participou como entidade de envío e acollida no Servizo de Voluntariado Europeo, nun intercambio en Holanda para formación de traballadores xuvenís e nun intercambio con mozos europeos en Sicilia, seguirá apostando dentro das liñas de participación xuvenil pola súa implicación nos  programas de Xuventude en Acción e as actividades que fomenten a movilidade xuvenil, feito que se demostra con dous proxectos que acaba de solicitar dentro dos programas europeos, un novo intercambio xuvenil que se realizará no verán na localidade e unha visita á cidade Italiana de Venecia e Selvazzano.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical