8.2.11

Música: os ribeirenses Jabon Blue abren unha campaña sobre condución responsable cun concerto gratuito en Santiago

Será o 24 de febreiro na sala Capitol, introducidos por Manuel Manquiña (moi profisional o conceto)


Imaxe da presentación da campaña en Ribeira

Ribeira, 8 de febreiro de 2011. O vindeiro 24 de febreiro, ás 23 horas, na Sala Capitol de Santiago de Compostela, terá lugar un concerto do grupo ribeirense Jabón Blue para presentar a campaña Libre 2011 da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, que ten como obxectivo fomentar unha condución responsable e libre de alcohol entre a mocidade. 

O espectáculo será presentado polo artista Manuel Manquiña e, ademais do concerto propiamente dito, dará cabida á emisión do videoclip do tema Flores en la carretera que a banda que lidera Javi Maneiro gravara no pasado mes de outubro en diversos sitios do municipio de Ribeira e en concellos limítrofes. Cabe lembrar que dito videoclip contou coa participación do citado Manuel Manquiña e da actriz local Susana Rodríguez Sampedro. 

Reserva de entradas

Os interesados en asistir gratuitamente a este acontecemento poden facer a súa reserva chamando a un destes números: 981544867, 981545937, 981541689 ou 981545702. O horario de atención é de luns a venres, de 9 a 14.30 horas. A data límite para apuntarse é o día 24. 

Tamén se pode facer a reserva mandando un correo electrónico a xuventude@xunta.es con indicación de nome, apelidos e DNI, antes do día 24. 

A entrada é gratuíta e recollerase na mesma Sala Capitol o día do concerto.


Webs de referencia:

http://www.salacapitol.com

Antes publicamos:
Jabon Blue, a prol da condución responsable

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical