8.2.11

Lingua galega: "Detrás da canción" encheu de música Ribeira con Projecto Mourente e The Homens

Ribeira, 8 de febreiro de 2011. A Aula Multimedia e o Auditorio Municipal deron cabida a pasada fin de semana a “Detrás da Canción”, actividade promovida pola Secretaría Xeral de Política Linguística da Xunta de Galicia en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello para fomentar a lingua galega entre a mocidade do municipio en combinación coa creación artística e musical. 

“Detrás da canción” enmárcase dentro do programa Bocaberta, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística que busca promover a lingua galega entre os rapaces e rapazas de 3 a 18 anos. Esta iniciativa conta co apoio da Secretaría Xeral de Medios a través da Rede de Telecentros de Comunicación. 

A actividade dividiuse en dúas partes: 

1.- Curso de música caseira: En primeiro lugar, entre as 18 e as 20 horas, desenvolveuse un curso de música caseira dirixido por Carlos Valcárcel, de Projecto Mourente, na aula multimedia. Os participantes tiveron oportunidade de coñecer as formas máis actuais de compoñer unha canción, gravala e distribuíla facendo uso das novas tecnoloxías.

2.- Concerto acústico: A continuación, o Auditorio Municipal acubillou un concerto acústico dunha hora de duración no que os integrantes do grupo compostelán “The Homens” tocaron varias cancións do seu repertorio, composto integramente en galego.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical