4.2.11

A Pobra do Caramiñal: premiados no certame de debuxos "Vivir sen medo" convocado por Madoan

A Pobra do Caramiñal, 4 de febreiro de 2011. A relación de gañadoras e gañadores do certame de debuxos "Vivir sen medo", contra a violencia de xénero, convocado por Madoan (Asociación de Mulleres en Igualdade) é a seguinte:

Alicia Silva López  de 4 anos, de 1º de educación infantil do colexio Nuestra Señora del Monte Carmelo, co título do traballo: “Xuntos contra a violencia de xénero”.

Ainhoa Davila Alarcón de 3 anos, de 1º de educación infantil do colexio Nuestra Señora del Monte Carmelo, co título do traballo: “Cunha man de mamá e ca outra da papá estou protexida”.

Alba Iglesias Monrroy de 17 anos e Andrea Sánchez Sobrido de 16 anos, de 4º de ESO do IES da Pobra, co título da obra: “Y si mataste a mamá: ¿conmigo que harás papá?”

Camila Otero Pérez de 15 anos e Eva Boo Hermida de 15 anos de 4º da ESO do IES da Pobra, co título da obra “Porque hay detalles que recordarás toda la vida“.

Intervención de María José Rivadulla Santos

Presidenta Asociación Madoan ( Mulleres en Igualdade ) 

Boas tardes a todos e a todas, señor Alcalde, concelleiras e concelleiros, grazas por estar aquí.

O motivo de reunirnos esta tarde aquí non é outra que dar a coñecer o fallo do xurado do Certame de debuxos “Vivir sen medo”, que esta Asociación puxo en marcha con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero.

E diredes vós, ¿por que este certame? pois  ben, o mesmo veu motivado a que cando estábamos a preparar os posibles actos a celebrar o 25 de novembro, chamóunos a atención as estadísticas do maltrato ao menor, os datos din:

“No ano 2010: 4 menores morreron a causa da violencia de xénero, 24 quedaron orfos de nai e calculase que oredor de 800.000 nenos e nenas son testigos directos da violencia familiar e só o 4% deles reciben a asistencia especializada.”

Ante estes datos cremos que non debemos quedar impasibles e debemos poñer o noso gran de area, intentando facerlle ver ás nosas nenas e nenos que é o maltrato, que tedes que facer si fostedes agredidas.

Por elo, decidimos editar unha Guía para nenas, para previr e defendervos das agresións. Pero, como todo relato que vaia dirixido aos máis novos, cremos que debe levar algunhas ilustracións, queríamos implicarvos a todos vós, para que fósedes os protagonistas, os que nos dixérades como víades vós unha agresión.

Puxémonos en contacto co Director do IES da Pobra e coa Directora da Escola Infantil Monte Carmelo, ós cales lles agradecemos a súa colaboración neste proxecto, que apoiaron totalmente desde un principio e creo que conseguiron que vós tamén vos volcarades no mesmo, por iso os traballos que hoxe están aquí expostos, e que son só unha parte, que amosan o froito duns xóvenes que puxeron todo o seu empeño e o seu esforzo en trasmitirnos, como ven a crueldade, e as agresións.

Os máis maiores describistedes as agresións, o antes e o despois dunha relación e incluso as súas consecuencias; os máis cativos describistedes perfectamente que é  o que queredes, rodeando os vosos debuxos con corazóns, unindo aos grupos familiares, pedindo a man de mamá e papá para que vos protexa.

Nós, os vosos Mestres e mestras, os vosos país e naís,  debemos de estar orgullosos e orgullosas de saber que: o que en realidade queredes é unha sociedade onde non exista a palabra maltratador nen maltratado, que entre todos e todas, temos que loitar para cambiar esta sociedade, xa que o camiño da violencia non leva a ningunha parte.

Os nenos e as nenas que hoxe estades aquí, dixestedes basta xa a crueldade, a sin razón, a falla de humanidade, a esta sociedade cruel que fai sufrir a tanta xente indefensa; por iso, entre todos fagamos unha sociedade mellor, xa que sodes o noso futuro e o merecedes.

Grazas pola vosa participación.

Intervención do alcalde da Pobra, Isaac Maceiras Rivas.

O Alcalde dirixiuse ao público asistente, dando as grazas pola participación de tódolos rapaces, no proxecto que Madoan levou a cabo con motivo do día Internacional contra a violencia de xénero. Agradeceu o involucramento dos directores do IES da Pobra, José Luis Nogueira e da directora da Escola Infantil do Monte Carmelo, Remedios Fernández.

Dixo que lle parecía un bo proxecto "e máis nestes días en que na Pobra do Caramiñal sufrimos un caso de violencia de xénero". Aludiu tamén a que espera que cada ano se fagan traballos de esta índole para involucrar a sociedade e que todos xuntos loitemos contra esta lacra social que é a Violencia de xénero.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical