4.2.11

A Pobra do Caramiñal: as obras do paseo fluvial e acondicionamento do Río Morto serán rematadas en abril

O delegado territorial da Xunta na Coruña destacou esta mañá que con esta actuación, que contempla a construcción dun paseo fluvial e dun vial de comunicación, “remátase a circunvalación da Pobra e mellórase a seguridade viaria nesta estrada, que conecta dúas das vías de saída da vila”

A Pobra do Caramiñal, 4 de febreiro de 2011.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, comprobou esta mañá o avance dos traballos de acondicionamento do río Morto, na Pobra do Caramiñal, nunha visita ao concello na que estivo acompañado do alcalde da localidade, Isaac Maceiras.

Calvo destacou que con esta actuación, que contempla a construción dun paseo fluvial e o vial de comunicación, “remátase a circunvalación da Pobra e mellórase a seguridade viaria desta estrada, que comunica dúas das vías de saída da vila”.

O delegado recordou que estas actuacións están enmarcadas nun acordo de colaboración asinado entre a consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello en virtude do que a Administración autonómica inviste nestes traballos 1.265.000 euros. “Con este investimento, a Xunta resolve os problemas de infraestruturas da vila ao tempo que favorece un desenvolvemento económico e social que aporte unha maior calidade de vida aos cidadáns”, engadiu Calvo.

As obras consisten na realización dun vieiro para tráfico rodado con beirarrúas, paralelo á marxe do río Morto, que permitirá rematar a circunvalación prevista no PXOM do Concello. “A recuperación da marxe do río Morto conformará unha nova zona de espallamento na vila a carón das marxes do río”, indicou Calvo. Ademais, créanse 97 prazas de aparcamento, un parque de elementos biosaudables, catro pasarelas de madeira e dúas pontes de paso de vehículos a fincas. A urbanización busca tamén a humanización do camiño mediante a plantación de máis de 72 árbores e a instalación de diverso mobiliario urbano.

O delegado territorial da Xunta na Coruña salientou que os traballos avanzan a moi bo ritmo e que, se as condicións atmosféricas son favorables, poderían estar rematados o próximo mes de abril.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical