4.2.11

Ribeira: a planta baixa do colexio de Olveira será reformada para acubillar as aulas de infantil no curso 2011-2012

Ribeira, 4 de febreiro de 2011.- A Xunta remodelará a planta baixa do CEIP Olveira en Ribeira, para dotalo de aulas de Infantil o vindeiro curso. Así o anunciou esta mañá o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, durante a presentación do proxecto no que están recollidas as actuacións a desenvolver no centro.

Calvo, que estivo acompañado no acto pola xefa territorial de Educación, Teresa Villaverde, e polo alcalde da localidade, José Luis Torres Colomer, indicou que os traballos comezarán coa reordenación das aulas de Infantil e Primaria no verán, de tal xeito que as obras non interfiran na actividade lectiva do colexio e poidan estar rematadas para o comezo do curso que vén.

Os traballos centraranse na remodelación de toda a planta baixa para unha redistribución dos espazos educativos. Para isto, procederase á demolición de toda a tabiquería, instalacións, equipamentos sanitarios e carpintería exterior e interior.

O obxectivo desta actuación é adaptar os espacios educativos á normativa vixente. Así, as aulas de Infantil de 3, 4 e 5 anos quedarán unificadas na planta baixa do centro, contando con cadanseu aseo no interior. Esta reubicación permitirá, ademais, xuntar no primeiro andar todas as aulas de Primaria, así como as aulas de apoio, informática e a biblioteca. “O curso que vén os alumnos do CEIP de Olveira contarán cunhas instalacións melloradas que lles permitirán gañar en comodidade e funcionalidade”, apuntou Calvo.

O delegado territorial sinalou que, con este proxecto, “a Xunta dá resposta a unha vella demanda da comunidade escolar que precisaba dunha actuación urxente, ao tempo que mellora as condicións de traballo dos 104 alumnos que estudan no CEIP, así como as dos profesores e do resto de persoal do centro”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical