4.2.11

Xuventude: denuncian os ataques de “dobre personalidade” do PP no caso Noitebús

Xuventudes Socialistas din que "O PP parece olvidarse de que hai tres meses votaron en contra dun servizo que agora supostamente pretenden defender, entre eles o propio Gómez Alonso, e vir de salvadores dun servizo ó que condenaron á morte sen dialogar nin escoitar ó clamor político e social que houbo en toda Galicia”

María Torres

Santiago de Compostela, 4 de Febreiro de 2011.- A Secretaria Xeral, María Torres Pose, denunciou hoxe os ataques de “dobre personalidade” do PP logo da iniciativa feita onte por Alejandro Gómez Alonso, instando á Xunta de Galicia a retomar o Servizo do Noitebús, despois de que hai dous meses o PP eliminase este servicio, tras a presentación de novos recortes orzamentarios por parte do Presidente, Alberto Núñez Feijoó.

Torres lamenta que “O PP pareza olvidarse de que hai tres meses votaron en contra dun servizo que agora supostamente pretenden defender, entre eles o propio Gómez Alonso, e vir de salvadores dun servizo ó que condearon á morte sen dialogar nin escoitar ó clamor político e social que houbo en toda Galicia.” “Un servizo que se desenvolveu e consolidou coma unha das iniciativas de maior rentabilidade social impulsadas pola Administración Galega, e que só no pasado mes de xullo foi empregado por máis de 35.400 mozas e mozos galegos.”

Segundo Torres Pose, afirmacións como as feitas onte polo deputado popular afirmando que "non existen fondos para seguir subvencionándoo pero sí fórmulas para que siga funcionando", reflicten cal é en realidade a intención do PP con este asunto, que é conseguir grandes titulares de salvadores do noitebús nos periódicos para despois votar en contra do Noitebús”

Torres Pose quixo indicar que “apostar polo mantenemento do Noitebús, pasa ineludiblemente por mantelo como un servizo público que dependa de decisións e accións políticas e non de decisións empresariais” e engadiu que “dende Xuventudes Socialistas celebraremos a chegada do PP á defensa do Noitebús, cando o PP apoie a Iniciativa Lexislativa Popular presentada polas XSG no Parlamento de Galicia, e a través da que solicitamos o seguinte:

As administracións públicas promoverán a igualdade no acceso ó dereito á mobilidade e ó acceso ó ocio nocturno dos mozos e mozas galegos, así como a seguridade viaria nos desprazamentos nocturnos entre as fins de semana e festivos".

Para isto, apartarán tódalas barreiras que no territorio galego existen para desprazarse á hora de disfrutar do ocio nocturno, a través do fomento de rutas de transporte alternativo nocturno que cubran as rutas de ocio nocturno ordinario e ocio nocturno alternativo a tarvés de todo o territorio galego.

Para o axeitado cumprimento desta lei, a Xunta de Galicia, disporá dos recursos necesarios para asegurar o correcto desenvolvemento das medidas incluídas nesta lei".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical