Porto do Son, 9 de febreiro de 2011. A colleita da creatividade, esforzo e imaxinación dos alumnos que neste curso participan en SonCine, obradoiro de audiovisuais do instituto de Porto do Son, xa se pode ver na Rede. Se onte subiran un bucólico vídeo sobre un dos lugares preferidos do municipio, a praia do Dique, hoxe tócalle a esta sorte de documental etnográfico que se ve fortemente potenciado polo rap rural de Alexandre Ferreiro, que asina como Steel Flow en MySpace e tamén é de Porto do Son. Os alumnos de 3º da ESO de Porto do Son crean contidos para a rede, aprenden a dominar as ferramentas audiovisuais do momento e, ao tempo, promocionan o seu concello e a súa lingua. Un estupendo xeito de facer país para os que son "máis de jaliñeiro que de sentro comersial", como rapea Ferreiro. <div><embed style='display:inline;' quality='high' wmode='transparent' id='FlashDiv' FlashVars='songId=76160105&pid=-2620044060379893112' AllowScriptAccess='always' src='http://www.myspace.com/music/song-embed?songid=76160105&getSwf=true' width='400' height='77'/><p>Buscar más artistas como Steel Flow é Alexandre Ferreiro en <a target='_blank' href='http://www.myspace.com/music'> Myspace Music </a></p></div> Onte, en Storify, publicamos o da praia do Dique.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario