A Pobra, 28 de marzo de 2011. O alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, acompañado dos directivos da empresa adxudicataria da concesión para a súa xestión, Aquagest, visitaron as melloras realizadas na piscina municipal, que se elevaron a case 200.000 euros. Inaugurada en xuño de 2006, a piscina presentaba un estado xeral bo, pero na zona de aparcamento existía unha superficie aínda sen pavimentar que con choiva producía certas molestias aos usuarios. Acondicionouse esa parte e realizáronse reformas nas instalacións para mellorar a oferta de servizos a todos os usuarios e que consistiron en: Urbanización da parcela dotándoa de pavimento de formigón impreso nunha superficie de 170 m2, na cal se crearon dez prazas de aparcamento, unha delas reservada para persoas con diversidade funcional.
Na zona de acceso instalouse unha porta cortaventos conxuntamente coa existente, pechando deste xeito a marquesiña cun acristalamento climalit.
Na planta baixa, executouse un recinto termal, na zona anexa ao vaso da piscina.
Na primeira planta derrubouse parte da tabiquería pertencente a dúas das salas anexas ao ximnasio, e nunha delas, ademais, colocouse solo de caucho.
Ampliouse unha nova sala na dobre altura existente fronte ao ximnasio.
Arranxáronse os danos existentes no edificio ocasionados pola presenza de humidades en determinadas zonas. O equipo de goberno agradece á empresa adxudicataria "o bo traballo que vén desenvolvendo coa prestación deste servizo e, como non, por estas obras realizadas que redundarán en beneficio de todos os pobrenses engadindo novas ofertas de actividades ás propias da piscina e tamén ás que ten o concello".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario