28.3.11

Rianxo: o Bng solicita o arranxo do ascensor do parking de Taragoña

Nunha obra que costou un millón de euros e levou seis anos facela
Media_httpfarm5static_cfirw

Rianxo, 28 de marzo de 2011. Segundo explica o Bng rianxeiro en nota de prensa, "nas visitas realizadas polo candidato á Alcaldía do BNG de Rianxo, Adolfo Muíños, ao parking de Taragoña e nas que fixo uso do aparcadoiro municipal comprobou que non está a funcionar o ascensor do equipamento, fundamental para conectar as dúas plantas coa superficie".
Así os veciños (especialmente os maiores, impedidos ou persoas con carga) non terían que subir esqueiras e garantiríase a accesibilidade xeral para todos e todas. " Cando lle reclamamos ao longo destes anos desde o Bloque a apertura do aparcadoiro era co ánimo de que funcionase o servizo plenamente, non a prazos, máxime nunha obra de seis anos de duración, que consumiu un millón de euros dos erarios públicos e que acaba de abrirse en decembro. Cantidade abondo a investida para que funcione e o faga con todas as esixencias e comodidades para os veciños e veciñas", salienta Muíños.

Mellorar a limpeza da instalación

O equipamento, prosegue o Bng, "tamén precisa intensificar os labores de limpeza tanto nas esqueiras como no chan destinado aos vehículos, pois presentaba certa imaxe de desleixo con papeis, envoltorios, area, pó, etc. O chan onde aparcan os vehículos precisa tamén dunha limpeza intensiva neste senso. Comezan a verse tres meses despois de abrirse, preocupantes  problemas de humidade (verdor) nas paredes que deben ser solventadas por quen corresponda".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical