18.3.11

Ribeira: o alcaldable socialista reuniuse con representantes da confraría de Aguiño

Media_httpfarm3static_zhtvb

Ribeira, 18 de marzo de 2011.
O candidato do PSdeG á alcaldía, Andrés Fariña, mantivo esta tarde unha reunión con representantes da confraría aguiñense para recoller as súas demandas en asuntos como a comercialización de produtos pesqueiros, saneamento da cidade e mellora de instalacións no peirao.
A confraría de pescadores de Aguiño, que se fundou en 1924, cre necesaria a posta en marcha de medidas de mellora na lonxa de Ribeira, sobre todo no que atinxe a comercialización do capturado no mar, coa introdución das novas tecnoloxías. Tamén preocupa o impacto medioambiental do polígono de Couso, preto de Aguiño, así como no conxunto do litoral ribeirense.

Fariña asegura que o sector pesqueiro é fundamental no proxecto de cidade que quere deseñar se os cidadáns lle dan a súa confianza o 22 de maio, "co obxectivo de potenciar os recursos e a fortaleza do sector, clave para a economía de Ribeira e o conxunto da Barbanza. Na lista hai profesionais con moitos anos de experiencia nesta mateira, como é o caso de Narciso Coira", explicou.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical