11.3.11

Ribeira: o Psoe local presentou a súa candidatura para o 22 de maio

Os socialistas ribeirenses comprométense a darlle un xiro á “situación de letargo que existe en la ciudad"
Media_httpfarm6static_pzqdz

Ribeira, 11 de marzo de 2011. A candidatura liderada por Andrés Fariña para a alcaldía de Ribeira o 22 de maio próximo presentouse esta tarde de xeito oficial. Na sede da agrupación socialista local, o alcaldable Fariña comprometeuse "a darle un giro a la situación de letargo que existe en la ciudad".
“Nos presentamos con propuestas progresistas y no conformistas, con la premisa de defender los intereses colectivos y recuperar todos los proyectos bloqueados durante los últimos años”, asegurou Andrés Fariña. Xunto ao cabeza de lista, nado en Ribeira en 1957, figuran Encarna Romero, Francisco Mareque, José Manuel Vilas e María Dolores Fernández Guillán nos cinco primeiros postos da candidatura.
Media_httpfarm6static_cqewh

“Es una lista con formación, vocación social y una elevada capacidad de servicio a la ciudadanía, garantizamos una acción de gobierno basada en proyectos concretos, nunca en ocurrencias”, engadiu o alcaldable socialista. A candidatura conta con numerosas facianas novas e a súa media de idade sitúase entre 35 e 50 anos. Os socialistas din que van traballar co obxectivo de cambiar o estilo da Centenaria, pois "Ribeira tiene un atraso considerable como consecuencia de políticas que han sido un engaño para la ciudadanía, por lo que consideramos imprescindible la puesta en marcha de medidas eficaces en materia portuaria, empresarial, económica, de saneamiento y cultural”. O cabeza de lista dos socialistas de Ribeira lembrou as queixas de diferentes colectivos locais sobre a escaseza de transparencia na xestión municipal, "una situación que la candidatura de Fariña modificará si los ciudadanos nos dan su confianza". Tamén se referiu aos laios dos colectivos de mozos, que expresaron as dificultades para o uso de recursos municipais.

Ricardo Fernández vai como sexto na lista, ao que seguen María Gude, Antonio Piñeiro, Narciso Coira, Dolores Gómez, José Ventura, Pilar Dios, Delia García, David Mosquera, Juana Casais, José Manuel Martínez, Julia Noya, Adrián Romay, Sonia Abeijón, Dolores Ayuso e Manuel García.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical