2.3.11

Sanidade: novo escándalo no Sergas, desta volta con dous altos cargos. Denuncia o Psoe

José Manuel Lage, portavoz da área institucional do Grupo Socialista pídelle a Pilar Farjas que non se agoche detrás do anterior goberno bipartito ao denunciar a situación fraudulenta de dous altos cargos, os cales non reúnen os requisitos necesarios

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2010. O portavoz da área institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage, acusou hoxe á Conselleira de Sanidade Pilar Farjas de “tentar encubrir unha ilegalidade” coas súas declaracións “co que está asumindo directamente a responsabilidade da situación fraudulenta na que se atopan dúas altos cargos do Sergas”. O deputado fixo esta afirmación para responder ás criticas da Conselleira sobre este asunto.

Lage Tuñas pídelle á Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, que non se agoche detrás do anterior goberno bipartito, respecto da profesionalidade das dúas persoas que ocupan os dous postos directivos. Asegura que “ninguén dubida da excelente enfermeira nin da doutora en Farmacia que non foron cuestionadas pola súa especialidade”. E reclamoulle a Pilar Farjas que non mire para outro lado “porque o que se cuestiona é a ausencia de requisitos legais para poder acceder a esas prazas de alta dirección”, sentenciou.

O parlamentario socialista dixo que “a mentira ten as patas moi cortas, e a señora Farjas terá que explicar no Parlamento os intereses que a moveron a ocupar dúas prazas de alta dirección no Sergas son que mediase nomeamento oficial e saltándose a legalidade”, espetou.

Lage Tuñas lembrou hoxe que “a número dous do Sergas non puido ser nomeada polo goberno porque non reúne os requisitos legais para acceder a ese posto de alta dirección como vicexerente do Sergas”.

Así as cousas, o deputado socialista rebateu á Consellería de Sanidade que mantén que están ocupando eses postos por unha “orde de servizo”, ao explicar que “a vicexerencia do sergas e a subdirección xeral só se poden cubrir por concurso, libre designación ou comisión de servizo e non se produzo ningunha destas circunstancias, xa que as persoas en cuestións non reúnen tampouco os requisitos para poder acceder a estes postos directivos”.

"Okupas" do cadro directivo

Nese senso envioulle unha mensaxe á Conselleira de Sanidade para que lle diga aos galegos e galegas “como paga a estes dous cargos? cal é a súa remuneración e quen manda os pagos mensuais a estas dúas “okupas” do cadro directivo do Sergas”.

Dixo que “o Señor Feijóo faría ben por mirar un pouco máis pola xestión sanitaria xa que está sendo desastrosa a política de función pública neste ámbito, onde non deixan de sucederse os escándalos un mes detrás doutro”.

Batería de iniciativas

Os socialistas galegos comezarán a tramitar unha serie de iniciativas parlamentarias co obxecto de que o goberno galego teña que explicar “un escándalo maiúsculo” na función pública galega.

60936-INT Nomeamentos Función Pública Sergas.pdf View this on Posterous

estrutura sergas.pdf View this on Posterous

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical