3.4.11

Cultura: o ribeirense Quico Cadaval falou sobre Cunqueiro no ciclo "Ceo das Letras"

Ribeira, 3 de abril de 2011.- O universo de Álvaro Cunqueiro, autor do que se cumpren os cen anos do seu nacemento, protagonizou o ciclo literario da Cidade da Cultura Galicia, Ceo das Letras, nunha sesión onde a capacidade fabuladora do escritor de Mondoñedo foi homenaxeada por dous dos narradores orais máis populares da escena galega: o contacontos Candido Pazó, que presentou o seu espectáculo Cunqueiradas, e o actor e director de teatro ribeirense Quico Cadaval.

Quico Cadaval, que vén de recoller o premio María Casares ao mellor espectáculo pola obra O cranio furado, situou a Cunqueiro como unha das figuras sen as que non é posible entender o teatro galego e louvou a enorme capacidade creativa que encerran relatos como Merlín e familia ou Se o vello Simbad volvese ás illas. Cadaval eloxiou tamén a súa traxectoria como poeta de vangarda, con libros como Mar ao norde, e lembrou que a súa obra fíxolle merecedor de galardóns como o Premio Nadal, por Un hombre que se parecía a Orestes.

Media_httpfarm3static_aaxwg

Cunqueiro naceu nesta casa en Mondoñedo, fronte á Fonte Vella

Candido Pazó levou ao auditorio da Biblioteca de Galicia unha adaptación de contos de Cunqueiro, baixo o título de Cunqueiradas. Pazó, que foi presentado polo director xeral como un dos narradores orais con mais talento da escena actual, está de xira co espectáculo Memorias das memorias dun neno labrego, da compañía Abrapalabra, Creacións Escénicas.

A sesión do ciclo, “amadriñada” polo Consello da Cultura Galega, contou cunha mostra de fondos de Cunqueiro, procedentes da colección da Biblioteca de Galicia. O ciclo Galicia, ceo das letras continuará o 30 da abril coa sesión Valente ou a erótica do baleiro.

Hai uns días, en Certo:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical