Porto do Son, 1 de abril de 2011. Porto do Son, 30 de marzo de 2011. A escola de idiomas de Santiago de Compostela http://www.eoisantiago.org/, e en concreto a súa delegación ribeirense encabezada pola xefa de estudos Diana Pastoriza Espasandín, organizaron onte, xoves 31 de marzo, ás 7 da tarde, unha charla sobre arte en Inglés no Centro de Interpretación do Castro de Baroña.
Dentro do acto, integramente en inglés, a organizadora da actividade, Diana Pastoriza, comezou cunha pequena presentación das razóns e obxectivos do mesmo e seguidamente o escultor Jontxu Argibay presentou e explicou na lingüa de Shakespeare cal foi a orixe de cada peza exposta e o método para a súa realización. Logo, e como complemento, a mestra preparou como tema a tratar "Art and you" (Ti e o Arte) con preguntas como "Do you think art galleries should be free or should people pay to get in?" (¿Cres que as galerías de arte deben ser de balde ou debería a xente pagar por elas?), ¿Cal é o teu artista favorito?....etc... No longo dunha hora e media discuteuse non só da preferencia de obras de arte e se algún mercara algunha, senón que se chegou discutir sobre a esencia mesma da arte.
Todo dentro de un acto pioneiro na nosa comarca, que hai que agradecer á E.O.I. (Escola de idiomas de Santiago de Compostela) e á xefa de estudos da delegación ribeirense. Relacionada:

- Ribeira: o 7 de abril, inmersión en inglés
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario