O evento terá lugar o sábado día 30 de abril pola tarde.
Santa Uxía de Riveira, 20 de abril de 2011.- Hoxe tivo lugar apresentación da cuarta edición do Circuíto de Carreiras Populares
Concello de Riveira. Estiveron presentes neste acto o concelleiro
de Deportes de Riveira, Miguel Ángel Vidal; e Eduardo Iglesias en
representación da Cofradía da Dorna, organizadora da Carreira
Popular do Corgo; proba que dará inicio ao circuito o 30 de abril. A Carreira Popular do Corgo disputará a súa quinta edición que,
cunha lonxitude de 8.000 metros pasará por puntos como os
campos de Teira, o monte do Facho ou a praia de Baieiros. O 95%
do percorrido descorre por terra. O circuíto dará comezo ás 12.30 horas. Ademais da carreira
individual haberá unha modalidade por parellas (os corredores
deban saír xuntos, correr xuntos e chegar xuntos á meta). Unha
novidade desta edición é que a proba incluirá unha encordada para
salvar un desnivel duns dez metros.As aspiracións da organización son alcanzar os 200 participantes.
Na pasada edición tomaron parte no certame 260 corredores e
gañou Alejandro Gómez. O primeiro corredor riveirense foi Ramón
Folgar, que finalizou na terceira edición. Para inscrición e bases da
proba: www.cofradiadadorna.com ).Circuíto
As outras tres probas que integran o Cuarto Circuíto de Carreiras
Populares Concello de Riveira son, segundo informou o edil Miguel
Ángel Vidal, a Carreira Popular Virxe da Guía, que se disputará o
17 de maio (Día das Letras Galegas) na parroquia de Carreira; a
Carreira Popular San Xián de Artes, que terá lugar o 21 agosto; e a Carreira Popular de Santa Uxía, que se disputará o 10 de
setembro.Só puntuarán para o circuíto os atletas nados en 1994 e anteriores
e será condición indispensable ter rematadas as catro carreiras
para acadar algún dos premios. En canto a estes, os 3 primeiros
clasificados absolutos masculinos e as 3 primeiras mulleres
recibirán material deportivo New Balance por valor de 150 euros.
Os 50 primeiros clasificados homes e mulleres que rematen as
catro carreiras recibirán un pack de material deportivo composto de
unha camiseta técnica New Balance, unha prenda Buff e un par de
calcetíns Mund.COMPLETAN O CIRCUÍTO AS CARREIRAS DE VIRXE DA GUÍA,
SAN XIÁN DE ARTES E SANTA UXÍA
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario