O Bng aclara que a empresa que sae na imaxe non parece a responsable do derrubo, aparecendo só para valar o espazo cando xa o derrubo está case totalmente consumado.Ribeira, 28 de abril de 2011. O BNG denuncia hoxe en nota de prensa "a irresponsabilidade do Goberno Municipal de Ribeira ao consentir a demolición dunha obra sen as debidas medidas legais de protección aos traballadores e á cidadanía e sen cumprir a normativa legal".
O edificio e solar da antiga Fábrica de Castiñeiras, hoxe patrimonio público "grazas á insistencia do BNG en Madrid e Ribeira, conta con materiais, como o fibrocemento, que contén amianto, material canceríxeno prohibido desde o 2002 e que debe ser manipulado por empresa autorizada e nas condicións de seguridade establecidas no Real Decreto 396/2006". O BNG de Ribeira ten demandado ao Goberno Municipal a adopción de medidas de protección deste espazo "polo perigo para a poboación que representaba a súa situación de deterioro e ruína. Pese ás nosas demandas o Goberno Local fixo oídos xordos consentindo chegar á situación actual na que materiais canceríxenos como o amianto estanse dispersando ao ambiente e trasladando á poboación un risco certo. Lembramos que o BNG confirmou mediante análise a presencia de amianto na variedade "crisotilo" e que a obra carece de autorización municipal".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario