Ribeira, 14 de abril de 2011. O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e do Equipo de Biblioteca do CEIP de Frións organiza este venres 15 de abril, ás 16:15, a actividade LENDO Á SOMBRA. Trátase dunha actividade de promoción da lectura que conmemora o inminente Día do Libro (23 de abril).
Aproveitando que o colexio conta cun patio amplo con numerosas especies de árbores, o alumnado desenvolverá unha actividade de lectura colectiva. Para isto crearán grupos de alumnado de distintas idades (dende os 3 ata os 12 anos) onde os máis maiores lle lerán un conto mentres están sentados á sombra dunha das árbores do recinto.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario