18.5.11

Noia: emotivo homenaxe floral a Antón Avilés de Taramancos e María Mariño polo Día das Letras Galegas


Noia, 17 de maio de 2011. Dous persoeiros das Letras Galegas, que xa tiveron os seus correspondentes anos conmemorativos, foron os homenaxeados hoxe en Noia co gallo do Día das Letras Galegas. Entre os concentrados na homenaxe puidéronse ver pancartas da plataforma Queremos Galego, unha das cales foi portada por Luís Avilés, un dos fillos de Antón Avilés.
Na homenaxe ante o busto de Avilés participou o alcalde noiés, Rafael García, que ofreceu un ramo de flores á viúva do senlleiro escritor para que o depositase na base da estatua. Sofía Baquero bicou con gran sentimento o ramo ofrecido.

A continuación actuou o performer Serafín Marcos, co seu habitual caldeiro de xógaras, recitando versos do homenaxeado.
Na estatua de María Mariño estiveron representantes das tres forzas políticas que na actualidade ocupan sillóns no pleno do concello e o alcalde pronunciou un pequeno discurso a prol do galego antes de dar paso ao performer Marcos, quen trocou verbas do Caurel (como diría María Mariño) por abrazos e fabricou, para sorpresa de todos os alí convocados, un niño nun dos arbustos do xardín. Imaxinamos que para que o galego aniñe máis primaveras entre nós.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical