Pide colaboración cidadá, en especial das comunidades de veciños
Con este fin, o Concello quere facer un chamamento a todas as comunidades de propietarios que estean interesadas en contar con estes envases nas súas zonas comúns. Tan só se teñen que poñerse en contacto co Departamento Municipal de Medio Ambiente, que se encargará de efectuar as xestións oportunas para a instalación nos inmobles dos citados contedores.
Estes recipientes terán unhas dimensións de 28 cm. de ancho por 60 cm. de alto e unha capacidade de 50-55 kg. A empresa Protección Medioambiental, S.L., será a que se encargue da recollida e posterior reciclaxe do aceite usado, en virtude do convenio de colaboración asinado a tal efecto co Concello.
A frecuencia do servizo virá determinada polo enchido dos contedores, garantindo a súa recollida sempre que sexan requiridos polas comunidades de veciños adheridos.
Cabe salientar que a recollida de aceite vexetal usado contribúe a reducir o impacto ambiental que provoca o seu vertido na rede de sumidoiros, permitindo alargar a vida útil dos colectores e tubaxes que forman parte da mesma.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario