Boiro, 1 de xuño de 2011. Este sábado 4 de Xuño ás 11hh dará comezo o curso de escultura alternativa impartido polo escultor Boirense Tucho Abalo, no local da asociación Aturuxo. Todas as persoas interesadas en participar que se presenten ás 11 da mañá en Aturuxo (r/principal nº118 Boiro). Para máis informacion chamar ao: 666 278 753
Datos do curso:
día de comezo: 4 de xuño
horario: de 11hh a 13hh os sabados
Horas minimas do curso: 10h
Prezo: 30€
O obxectivo deste curso é o de favorecer o densenvolvemento creativo e a capacidade de elaboración dunha linguaxe escultórica alternativa, así como o de coñecer unha nova metodoloxía de traballo enmarcada na “escultura ecolóxica”. A metodoloxía terá un carácter aberto, participativo e práctico, onde se poderá experimentar e desenvolver a creatividade individual e grupal. A actividade principal será a de elaboración dunha obra escultórica propia partindo de materiais recollidos directamente do lixo que á nosa natureza sofre .
Partes do curso:
- Modelado en barro dun deseño individual realizado por cada alumno ou alumna.
- Execución do molde en escaiola.
- Recollida de lixo en rios e praias da nosa zona.
- Limpeza e transformación do material recollido.
- Positivado final e pulido.Como actividade final realizarase unha exposición colectiva chea de música en directo onde cada participante contribuirá cunha obra de propia elaboración.

PD a data de inicio esta mal no cartaz.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario