- Os gardacostas incautaron 436 aparellos e máis de 1.000 quilos de diversas especies nos últimos días nas rías de Arousa e Pontevedra.
- A Consellería do Mar intensificou as accións de vixilancia coa Policía Autonómica para evitar a captura da centola antes do inicio da campaña, que comezou onte, e para controlar as especies en veda como nécora e lumbrigante
Arousa Norte, 2 de xuño de 2011.- A Consellería do Mar desenvolveu, en colaboración coa Unidade Adscrita á Xunta de Galicia do Corpo Nacional de Policía, 6 operativos conxuntos nos últimos días nas Rías de Pontevedra e Arousa, que deron como resultado a incautación de 436 útiles e 1.035 quilos de diversas especies, sobre todo nécora, centola e lumbrigante, 3 especies en período de veda. Ademais o Servizo de Gardacostas desenvolveu dous controis de mergullo en previsión dun repunte da extracción ilegal de centola antes do inicio da campaña, para evitar que fose extraída estes días e saír ao mercado como se fose capturada en período legal. As actuacións realizáronse na ría de Pontevedra por ser a zona onde máis se dá este crustáceo. Na Ría de Arousa incautáronse 175 útiles e houbo o comiso de 581 quilos de diferentes peixes e mariscos. Por unha banda no Porto do Xufre e San Xulián, os inspectores fixéronse con 75 quilos de ameixa, 47 quilos de ostra, 197 quilos de nécora ovada, 27 quilos de relo, 40 quilos de vieira e 33 de lumbrigante ovado. Todas as especies foron devoltas ao mar. Ademais nesas zonas requisáronse 175 aparellos, dos que 140 eran nasas de nécora sen identificar. Por outra banda, nos pantaláns do Grove e de Vilanova de Arousa, os operativos deron como resultado o comiso de 162 quilos de diferentes especies, sobre todo de centola e nécora. Dous traxes de neopreno e unha zódiac, confiscadosAdemais, en Rianxo e Cabo de Cruz un operativo conxunto saldouse coa incautación de dous traxes de neopreno, o comiso de 36 quilos de berberecho de talla antirregulamentaria, que foi resembrada na zona, e a identificación de dúas persoas. A maiores realizáronse dous controis de mergullo, un en Aguiño e Castiñeiras e outro na Pobra do Caramiñal e Escarabote. No primeiro identificáronse a dúas persoas e requisáronse 10 quilos de centola e 5 útiles, ente eles unha zódiac. No segundo os gardacostas aprehenderon 134 quilos de ameixa, nécora e outras especies e 67 aparellos, na súa maioría nasas de madeira e de ferro tipo nécora. Cabe lembrar que a partir de onte, 1 de xuño, comezou a campaña da centola que se estenderá ata o 31 de agosto. Durante o período de veda desta especie, nos meses de abril e maio, os gardacostas requisaron un total de 524 quilos deste crustáceo. Pode que tamén lle interese:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario