Rianxo, 23 de xuño de 2011. Xa se coñecen os gañadores do concurso de deseño do cartel do Festival Antros Pinos (en normativo Entre os Piñeiros) e do certame "Teloneiros".
Concurso Cartel FAP.
Gañador: Carlos Campaña (Taragoña)
Este luns 20 de xuño pechou o concurso ao que se presentaron un total de 23 deseños. Escolleuse o cartel de Carlos Campaña porque transmite unha mensaxe positiva, con forza e caracterízase por un colorido que atrae. O xurado da FAP non tivo nada doada a escolla e é que os múltiples deseños e de variada estética "puxéronnos difícil o consenso na votación. De feito, outros dous deseños finalistas figuran estes días no facebook de Antrospinos como recoñecemento, son os debuxos de Xoán Fernández González ‘Kake’ e Noel Montero Outeiral ‘Xiro’".
O gañador, Carlos Campaña, deseñador gráfico, é logo o autor do cartel do Festival Antrospinos 2011. O cartel levará o seu nome e ademais recibirá da organización un agasallo nun acto de recoñecemento no propio festival, o sábado 30 de xullo, durante as actividades da mañá.
Máis información sobre o concurso: http://www.festivalantrospinos.es/index.php?id=47&tx_ttnews[tt_news]=16&cHash=571616fd77604bd77bb826f59707b6ee
Concurso ‘Teloneiros’.
Un total de dez grupos galegos presentáronse ao certame. Despois de valorar estilo, posta en escena e calidade musical, escolleron como gañadores aos grupos Intercoles e Os Minhotos! Ambos os dous tocarán na tarde do sábado 30 de xullo, durante o Festival Antrospinos, nun escenario especial xunto con outros grupos galegos, que adiantarán en breve.
INTERCOLES. (Dodro) Música en galego. Rock con carácter, entre o bravú e o funk. www.myspace.com/intercoleshttp://www.youtube.com/watch?v=5ZIdir_muBs
OS MINHOTOS (Terra Chá). Música folk.
http://www.myspace.com/osminhotos
http://www.facebook.com/#!/os.minhotos
http://www.myspace.com/osminhotos
http://www.facebook.com/#!/os.minhotos
Concerto internacionalPara ir facendo boca, adiantan que nesta cuarta edición do Festival Antrospinos estarán os arxentinos Che Sudaka, os cataláns Muyayo Rif, os galegos Ruxe Ruxe, os lisboetas Gilbert's Feed Band ou os andaluces Canijos sin fronteras, entre outros. En breve anunciarán o cartel pechado con todas as actuacións das que se poderá gozar no Antrospinos 2011 e mais as actividades que se levarán a cabo en Taragoña durante os dous días de festival. E este venres 24:
Certame de deseño de cartel: para o Festival Antrospinos
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario