- O grupo de teatro de maiores -con actores entre os 70 e os 85 anos de idade- representará "A consulta do doutor" e o grupo de persoas con discapacidade, "A carballeira animada"
- Entre obra e obra, interpretarán a canción "Yo no tengo la culpa de haberte querido"
Noia, 22 de xullo de 2011. Este sábado 23 de xullo haberá dúas representacións teatrais na Sociedade Liceo de Noia, ao que se pode acceden dende a alameda. Será a partires das oito da tarde no salón de actos e serán, pola banda do grupo de personas maiores, "A consulta do doutor" e pola banda do grupo de discapacitados, "A carballeira animada". Entrada gratuita pero, ollo, aforo limitado. Na asemblea comarcal de Cruz Vermella de Noia, dentro do proxecto de Axuda a domicilio complementaria lévase a cabo de xeito anual unha actividade de teatro, na que se conta con estes dous grupos de ensaio. O de discapacitados lévase en colaboración coa asociación de pais do Stand. Esta actividade hai sete anos que se vén facendo, e ten unha grande acollida por parte dos usuarios, pois ensaian durante todo o ano as pezas teatrais en sesións de hora e media, dous días á semana.
O grupo de teatro de Cruz Vermella de Noia está formado por 25 usuarios e usuarias e 3 directoras de teatro voluntarias que se encargan tanto de deseñar e dirixir as diferentes obras e grupos como da organización dos ensaios. O grupo de persoas maiores está composto de 15 persoas de idades comprendidas entre os 70 e os 85 anos e o de persoas con discapacidade está formado por 15 actores e actrices pertencentes á Asociación de Pais do STAND. E se están na Sociedade Liceo tamén poden:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario