A Pobra do Caramiñal, 8 de xullo de 2011. Na casa Mariñeira do Parque do Castelo da Pobra do Caramiñal, está exposta o público unha exposición de pinturas de Raquel di Carvalho, en horario de martes a domingo de 12:00 a 14:00 h e de 18:00 a 20:00h.
Raquel di Carvalho, artista plástica, vén desenvolvendo o seu traballo paso a paso , no mundo das artes. Brasileira de orixe, Di Carvalho chegou a España hai 5 anos, e estableceuse en Galicia desde 2008. A pintura é a súa paixón. Tanto a súa técnica como os seus motivos pictóricos foron evolucionando a o longo dos 17 anos da súa traxectoria profesional, onde colleitou premios e realizou exposicións en Brasil e España. É mestra desde hai 15 anos, despois de diplomarse en Belas Artes no seu país. Artista polifacética na pintura e na formación de alumnos/as, intenta recuperar a esencia da arte nos tempos actuais.
En canto ao contido da súa obra, Di Carvalho non pode esquencer as súas raíces, onde retrata costumes, paixases, e persoas cercanas representadas de forma nostálxica. Outro tema do seu traballo son “Os camiños do camino”, paisaxes do Camiño francés na súa experiencia como peregrina. E por último, o principal de todos, a serie de cadros que expresa a visión da vida a través dos ollos dun neno. Chámase “Amén mi mundo es otro”. Esa mesma visión que impregna sentimentos de total entrega, ausente de prexuízos, críticas, cinismo e crueldade, que adquirimos no percorrido da nosa existencia. Pódese dicir que esta serie é un reflexo da súa calidade humana.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario