- O xeneral xefe de Pontevedra visitou ao alcalde ribeirense esta mañá
- Está a visitar a todos os alcaldes da zona, e xa estivo cos de Porto do Son e Noia
O xeneral Alonso explicou que a súa presenza na zona responde a saudar aos alcaldes do contorno (xa estivo cos rexedores de Noia e Porto do Son) e ten como intención tamén observar a pé de campo como traballan as patrullas e visitar os centros de coordinación.
O mando da Brilat informou de que están operando actualmente nos montes de Barbanza e Muros cinco patrullas formadas por tres compoñentes cada unha. Actúan cunha dobre misión: por unha parte realizan un labor de vixilancia dos montes ante posibles brotes de incendio e en segundo lugar manteñen unha presenza disuasoria que evite que algunhas persoas planten lume intencionadamente.
O seu campamento base está situado no EVA 10 e á hora de patrullar están en permanente contacto e coordinación cos Distritos Forestais e coa Dirección Xeral de Montes da Consellería de Medio Rural.
Alonso Miranda explicou así mesmo que se poderían incrementar as cinco patrullas dispostas na zona no caso de que así se requirise por evolucionar as condicións en negativo.
O alcalde Manuel Ruiz Rivas agradeceu ao xeneral Alonso que tivese a deferencia de achegarse ao concello e explicou que é unha satisfacción poder expresar no nome de Ribeira a súa grande gratitude tanto polo labor que a Brilat está facendo na zona como, de xeito máis extensivo, polos labores de carácter humanitario que están a realizar en moitos puntos do planeta con risco das súas vidas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario