Ribeira, 8 de xullo de 2011. Organizada pola Concellería de Cultura, mañá sábado 9 de xullo, o auditorio acubillará ás 20.30 horas á celebración da Mostra de Música Tradicional de Ribeira.
Cinco grupos participarán na actividade: o Grupo Tradicional Tahume de Olveira (que figurará coas seccións infantil e adulto), O Rueiro dos Fillos de Palmeira, o Grupo de Gaitas O Pichote de Palmeira, O Grupo de Pandereteiras Tanxedoira de Palmeira e o Grupo de Canto A Gandaina de Palmeira.
A Mostra durará en torno a unha hora e media e incluirá tres pezas infantís de Tahume, 5 pezas do Rueiro, 2 pezas do Pichote, 2 de Tanxedoira, 2 dos cantareiros da Gandaina e 3 de Tahume adultos.
Entrada gratuíta
O acceso é de balde ata encher aforo. As entradas poderán ser retiradas media hora antes de comezar o espectáculo.
Ao remate do mesmo, a concelleira de Cultura, Elvira Pisos, agasallará a cada grupo participante cunha figura conmemorativa da Mostra para agradecer a súa participación.
O mesmo día en Ribeira:
Festa da Dorna: derradeira asemblea, este sábado 9 de xullo
Concerto de saxo: este sábado 9 de xullo na igrexa de Sta Uxía
Arousa Norte: este sábado, xornada por un litoral sostible
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario