Imaxe de arquivo de integrantes da Plataforma entregando sinaturas na Xunta Boiro, 8 de xullo de 2011. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca da Barbanza reuniuse hoxe, venres 8, co alcalde de Boiro. A Plataforma ten solicitada unha recunión con cada un dos alcaldes da zona (Boiro, Pobra, Porto do Son, Ribeira), e foi o de Boiro o primeiro en citalos.
Na reunión, a que asistiron tres representantes da plataforma, o alcalde a a concelleira de Sanidade, espuxéronlle as preocupacións da Plataforma polas distintas iniciativas privatizadoras da sanidade pública e a situación actual do servizo de diálise do Barbanza. Charla coloquio o xoves 14 na Pobra
Tamén se lle invitou ao alcalde e a todos aqueles interesados a acudir á charla-coloquio que terá lugar o próximo xoves día 14, ás 20.30 horas, no salón de actos do ISM da Pobra, sobre iniciativas privatizadoras na sanidade pública. Falarán: Manuel Martín , voceiro de SOS Sanidade Pública, co tema : ¿É posible manter o sistema sanitario público en Galicia? ¿Qué estratexias utiliza a Xunta para privatizalo? e Marian Rodríguez, pola plataforma en defensa da sanidade pública da comarca da Barbanza, co tema : Intento de privatización do servizo de diálise no Hospital da Barbanza.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario