Noia, 26 de agosto de 2011. Dentro das actividades para as familias e nenos durante as festas de San Bartolomeu instalarase un circuíto de educación vial no cal se ensinarán normas básicas de circulación a través de vehículos a pedais adaptados.
O circuíto de educación vial vai destinado a familias e nenos que queiran dun xeito lúdico aprender as normas básicas de circulación e as sinais de tráfico máis habituais.
Riscos co alcol
Neste mesmo circuíto ofrecerase información sobre o risco que ten o consumo de alcol na condución, facendo fincapé que o consumo de alcol reduce a percepción tanto visual como espazo temporal alterando as capacidades na condución.
Na mesa informativa poderase consultar dúbidas sobre os mitos que existen sobre o alcol e o seu consumo e tamén se repartirán folletos informativos.
O circuíto estará situado na Alameda, o sábado e o domingo de 12:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 20:00 horas.Programa das festas de San Bartolomeu:Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario