Polo Padre Teixugo, moteiro colaborador de Certo
Noia, 26 de agosto de 2011. Xa pasaron unhas semanas desde a celebración da Concentración moteira da medieval vila de Noia, e quero desde este púlpito agradecer aos compañeiros moteiros do Motoclube Ria de Noia o seu óptimo traballo, ademais do coidado que tiveron para tratarnos como Deuses na terra e, aínda enrriba, con prezos "anticrise"!!!! Louvados sexades: por algo no primeiro dia xa se esgotaron as inscricións ao superar os 300 inscritos!!!! Eu tiven que conformarme con acudir o domingo á ruta por Serra de Outes, que incluía unha novedosa "pinchada" cos consumición a prezo reducido (ademais demos traballo aos hosteleiros do lugar) que fixo que enchéramos a localidade como podedes ollar nas fotos. O entretemento ao cargo dun experimentado acróbata utilizando unha potente moto, seguido dun Smart para facer "trompeadas", foi todo un éxito, ademais coincideu cun sábado espléndido de sol... Atoparedes algunha foto "cunha extraña pasaxeira", pero non vos preocupedes que xa tramitei a excomunión daqueles que queren enganar aos sufridos motoristas, cabaleiros da estrada!!!! Xúntovos unhas trinta fotos que no mosteiro imos publicar na web do noso motoclube virtual proximamente (cando as labores espirituais me deixen algún tempo libre para atender os meus hobbies). Unha aperta... e a miña bendición apostólica,
Se es un toliño polo motor, pode que tamén che interese:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario