Outes, 24 de agosto de 2011. O BNG de Outes solicitará no vindeiro pleno de mañá, 25 de agosto, a mellora da estrada que comunica a Comarcal 550 coa Praia de Broña así como diversas melloras de acondicionamento neste areal. Dito vial, dis os nacionalistas outienses, "rexistra unha importante afluencia de tráfico sobre todo nos meses de verán polo que se fai necesario unha actuación de mellora tanto no seu trazado como no seu firme. En particular, é imprescindíbel que se proceda canto antes a anchear a ponte sobre o río Bendimón, ao seu paso polo Requeixiño, onde non poden pasar dous coches ao mesmo tempo o que da lugar a frecuentes atascos e molestias tanto para condutores como para viandantes". Antes, en Certo:
- Memoria histórica de Outes: quen era Luis Barrena?
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario