- Os excursionistas irán á Festa de Mexillón e o Berberecho
- Viaxe en catamarán, cun custo de 15 euros/adulto e 6 os menores de 12
A Pobra, 5 de agosto de 2011. O Concello da Pobra do Caramiñal ten programado para o domingo 14 de agosto un día de lecer cunha excursión a Vilanova de Arousa con motivo da celebración da Festa do mexillón e o berberecho, celebración que este ano chega á súa XVII edición e que funciona como un dos reclamos turísticos máis destacados da localidade.
A viaxe, que ten un prezo de 15 euros por persoa no caso dos adultos e seis euros para os nenos menores de 12 anos, inclúe o desprazamento desde A Pobra a Vilanova en catamarán, onde terá lugar o pregón e a entrega da insignia de ouro, para logo poder disfrutar da degustación do mexillón e a feira de artesanía.
As persoas interesadas en sumarse a este día ou desexen máis información, poden facelo no concello da Pobra ou nas dependencias da oficina de turismo a partir do vindeiro luns día 8.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario