Fotos e información: José Manuel Pena
Ribeira, 18 de agosto de 2011. O pasado martes, 16 de agosto, tivo lugar no Liceo Marítimo unha charla titulada "A seguridade viaria é cousa de todos". Foi impartida por dous funcionarios da Xefatura da Provincia de Tráfico da Coruña. Abriu a charla o concelleiro de Seguridade Cidadá e Tráfico de Ribeira, Víctor Reiriz, quen apelou á necesidade de campañas de prevención e sensibilización para condutores e peóns en xeral.
A preguntas dos asistentes, o concelleiro de Tráfico comentou que polo momento Ribeira non vai ser regulada con semáforos "polo elevado custo dos mesmos, pero non o descartamos nun futuro non moi lonxano". Así que haberá que ir respectando os ceda ao paso e as normas para circular polas numerosas rotondas ribeirenses. Na fin da charla cada asistente levouse un kit con folletos sobre seguridade vial e brazaletes reflectantes que incrementan a visibilidade dos peóns ao camiñar polas estradas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario