Barbanza-Noia (e arredores), 5 de setembro de 2011. Terbutalina, a esperanza negra da música muradá, presenta o seu novo traballo Broncodilatador. Despois do seu disco de presentación "Live in Catoira"(2011), sacan un EP chamado Que-de-leite! que recolle tres temas do LP Broncodilatador, que será posto a navegar o próximo 8 de setembro en formato dixital para libre descarga, para que os amigos de Teddy Bautista non gañen un euro máis.
Os 15 temas do Broncodilatador son unha mostra do variado da súa aposta, unha proposta que levan amosando desde a súa formación nos concertos que teñen ofrecido o longo da xeografía galega, nos que mesturan velocidade, diversión e empanada. Bailen, hostia! Bailen!
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario