A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e a xefa territorial de Educación, Teresa Villaverde, na reunión cos pais e nais do centro integrado de formación profesional Coroso
- A Consellería de Educación di que aposta pola Formació Profesional co aumento da oferta e do número de prazas para o vindeiro curso
- Dende Educación aclaran -disque- que o traslado do alumnado de ESO e Bacharelato do futuro centro integrado de formación profesional non provocará ningunha interrupción da vida académica
- O CIFP Coroso contará con tres novos ciclos
Ribeira, 6 de setembro de 2011.- A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria mantén a aposta pola FP co aumento da oferta e do número de prazas para o vindeiro curso. "Só na localidade Ribeira, haberá tres novos ciclos, en virtude da creación do centro integrado de formación profesional Coroso, que permitirá aumentar nun 46% o número de prazas, dando conta do decidido impulso do Goberno galego a estas ensinanzas na comarca", explica a Xunta en nota de prensa.
A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e a xefa territorial de Educación, Teresa Villaverde, reuníronse esta mañá con representantes dos pais e nais do Coroso, encontro no que tamén estivo presente a concelleira de Educación da vila, Carmen Vizcaya. Na xuntanza, a máxima representante do Executivo autonómico na provincia aclarou que o traslado do alumnado de ESO e Bacharelato do futuro CIFP a outros centros concluirase en poucos días e antes do inicio do curso, así como a adaptación do devandito centro a CIFP, co fin de evitar calquera trastorno da actividade académica.
Os 160 alumnos do Coroso xa foron reubicados na súa maior parte no IES Nº1 e no IES Leliadoura. Practicamente o 100% foron recolocados na súa primeira opción. Respecto dos docentes, teñen dereito e prioridade na escolla doutro centro, polo que os que se vexan afectados por esta circunstancia debido á creación do CIFP quedarán dentro da localidade.
Ciclos adaptados ás necesidades actuais
Tal como reiterou Do Campo, a creación do novo centro integrado e o traslado das ensinanzas de ESO e Bacharelato a outros institutos da contorna posibilita autorizar novos ciclos que respondan ás necesidades do sistema produtivo galego, así como o incremento de oferta en ciclos formativos xa autorizados. A finalidade é agrupar no novo CIFP ciclos da mesma familia profesional ata o momento dispersos en varios IES e poboacións.
A máxima representante da Xunta na provincia salientou que a reordenación da FP impulsada pola Xunta permite implantar novas disciplinas no CIFP Coroso: o grao medio en Instalacións de Produción de Calor e, en réxime modular para adultos, os graos medios en Instalacións Eléctricas e Automáticas e en Electromecánica de Vehículos Automóbiles.
Pode que tamén lle interese:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario