- Colectivos do mar reuníronse no Concello para saber do estado do proxecto e dar a súa opinión
Ribeira, 21 de setembro de 2011.- A Casa do Concello acolleu no transcurso da mañá de onte unha reunión que tivo por obxecto presentar ante os colectivos do mar o proxecto da nova lonxa que se está elaborando e poder recoller as impresións e suxestións ao respecto destes profesionais.
Entre os asistentes á reunión figuraron o director de Portos de Galicia, Ignacio Villar; o alcalde, Manuel Ruiz; o arquitecto César Portela; técnicos de Acciona (a empresa adxudicataria do proxecto e a obra); representantes dos grupos políticos con representación municipal, cofradías, asociacións de armadores, vendedurías, a cooperativa do mar Santa Uxía e outras entidades relacionadas co mar do municipio.
Segundo manifestou Ignacio Villar, as previsións manexadas polos técnicos redactores do proxecto apuntan que o mesmo estea totalmente rematado no mes de decembro. A data de hoxe, a súa redacción está realizada aproximadamente nun 90% á espera de poder definilo tras coñecer as propostas dos profesionais que farán uso das novas instalacións, presupostadas en 17,3 millóns de euros e con 17.000 metros cadrados de superficie.
Moi produtiva
Ruiz Rivas cualificou de moi produtiva a reunión, na que se deron a coñecer algúns aspectos do proxecto, como que contará cun peirao de descarga para camións e un aparcamento para 190 vehículos de usuarios, ou que os profesionais e os visitantes moveranse por zonas independentes entre si. Outra das consideracións abordadas na cita foi a da mellora na descarga de embarcacións menores.
Algunhas das propostas realizadas polos colectivos presentes tiveron que ver co subministro de xeo para os produtos ou a conveniencia de que os profesionais minoristas teñan un tratamento diferenciado.
Antes, en Certo:
Prometen de novo a lonxa, que disque vai comezar as obras a finais deste ano 2011
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario