17.11.11

Ribeira: este venres 18, magosto musical en Corrubedo

  • Comeza ás cinco da tarde, con xogos populares infantís e obradoiros de maquillaxe para nenos e non tanto no porto de Corrubedo
  • Ás seis da tarde comezan a repartir as castañas
  • O prato forte é o minifestival "punk chabola" que vén despois e promete alongar a noite ata entrar na xornada de reflexión

Media_httpfarm5static_erqsh

Inllorfeis en acción

Ribeira, 17 de novembro de 2011. Os de Corrubedo están de noraboa este venres, pois o magosto musical permitiralles -ou non- esquecer por uns intres a pesadísima campaña electoral que remata mañá.

Os grupos que participan no minifestival "castañazo punk" serán:

-THE FE KAOS
(banda punk que presenta en exclusiva o seu novo cd "MASKETA" despois de facelo por Euskadi. Cd composto por varios cortes con letras comprometidas que non deixarán a ninguén indiferente)

-LA VIEJA YEGUA GRIS
(grupo de versións de punk estatal formada por integrantes de GENERAZION PERDIDA e un ghandul de INLLORFEIS. Caracterízanse porque os seus músicos van rulando os instrumentos demostrando así que non teñen idea de tocar ningún)

INLLORFEIS
(son do pobo de Corrubedo e sobran as presentacións. Normalmente son uns impresentables)

DJ CANDRULLOS
(a este atopárono no posto vendendo as castañas e disque quería poñer música ao rematar os concertos. Por unha módica cantidade (botella de lloni que relearon os da organización e rebaixaron a cartón de DON SIMON e bocadillo de chouriso)

"POR CERTO,TODAS ESTAS ACTIVIDADES SON GRATIS,DE CLO-CLÓ,POLA FEIS,DE VIOLIN,DE GAÑOTE,SINPAJARUNPUTOPESO...", apunta sabiamente a organización no Facebook, onde o respecto á ortografía galega, portuguesa e universal é nulo.

-ORGANIZA:ASOCIACION XUVENIL "A FAROLA DE CORRUBEDO".
-COLABORA:INLLORFEIS, BAR "O FERRUXE" (de 8 a 12 van poñer as pintas de cervexa a precio de caña pequena: aproveita que son grandes de carallo).

Din os organizadores, con toda educación, que pasedes a noticia deste magosto a todos os vosos contactos, aquí e en Arkansas, que disque non teñen cartos para empapelar a bisbarra con carteis, e ademais non lle queren tapar a cara aos políticos tan "ghopos" que se presentan para salvar a España do desastre previsto coa curmá de risco.

Media_httpfarm5static_onije

Estas xa están comidas. Se queres máis, este venres 18 no porto de Corrubedo


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical