17.11.11

Boiro: o Bng critica no Parlamento o retraso das obras do peirao de Cabo de Cruz

Pregunta Oral Porto Cabo de Cruz.pdf Download this file

  • O deputado do BNG Bieito Lobeira afirma que Portos de Galicia está a incumprir o cronograma de actuacións previsto para a ampliación e abrigo do Porto de Cabo da Cruz  mentres as melloras dos espazos destinados á náutica recreativa foron rematadas 

Media_httpfarm4static_ygbxe

Boiro, 17 de novembro, 2011. O BNG leva ao Parlamento galego o retraso das obras de ampliación e melloras do porto do Cabo da Cruz que está a provocar, segundo os nacionalistas, "graves prexuízos aos sectores produtivos".

O deputado do BNG Bieito Lobeira rexistra diversas iniciativas ao fin de coñecer as razóns do que cualifica “retraso escandaloso” das obras do Porto do Cabo da Cruz comprometidas por Portos de Galicia.

O parlamentario considera que, “non é de recibo” que estas obras padezan un grande retraso mentres as melloras dos espazos para a náutica recreativa xa están rematadas e reclama a posta en marcha de medidas urxentes para a execución das obras do porto destinadas ao sector pesqueiro.

Lobeira explica que a ampliación e mellora de abrigo deste porto é unha vella reivindicación do sector pesqueiro, marisqueiro e mexilloeiro que opera dende esta  dársena e que despois de catorce anos de estudos e retrasos, finalmente foi redactado un proxecto que resolvía os problemas das instalacións portuarias.

Asemade, unha presión política e social constante e unha Comisión de seguimento das obras impulsada polo concello de Boiro cando contaba coa alcaldía nacionalista, acadaron mellorar algúns aspectos construtivos do porto.

Na actualidade, as obras de ampliación e mellora de abrigo foron retrasadas e non cumprirán co calendario aprobado que fixaba o mes de decembro de 2011 como prazo de remate das instalacións da 3ª e 4ª lista.

Lobeira preguntará  na Cámara galega que motivos xustifican o retraso destas obras, “fundamentais para a economía e emprego no Cabo da Cruz para Boiro e a súa comarca”.

Pode que tamén lle interese:


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical