- O Concello investirá arredor de 300.000 euros
- Deste xeito amañaranse os continuos cortes de subministro de auga
Segundo aclarou o alcalde, Rafael García Guerrero, "a obra está contemplado que se realice por administración, é dicir directamente polo Concello, a través do departamento NOS (Noia Obras e Servizos).Para o grupo de goberno é prioritaria a mellora de servizos básicos nesta zona, para corrixir as deficiencias en servizos municipais a unha poboación de 800 habitantes, especialmente no relativo ao subministro de auga, xa que é a zona da vila máis afectada polo cortes no subministro. Co cambio de canlización a PVC tamén mellorará a calidade de auga. Ademais aproveitase para arranxar o deficiente estado das estradas na zona, en pésimo estado na actualidade".
Tamén está prevista nesta actuación a conexión da tubaría de auga principal desde a Ponte de Noia ata Catro Camiños, onde conectará coa obra de substitución da canlización de auga desde Catro Camiños ao Pereiro e que está en licitación neste intre (concurso ao que presentaron preto de cen empresas). Deste xeito quedará conectado en tubería de PVC de 16 atm desde a Ponte de Noia ata o depósito que alimenta Boa e Taramancos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario