- Animan aos veciños que o desexen a que os acompañen na viaxe
- O bus sairá da praza do Concello e custará 4 euros ida e volta
Lousame, 14 de novembro de 2011. A Banda Municipal de Música de Lousame participa o día 25 de novembro no V Certame Galego de Bandas de Música, que terá lugar no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Este concurso, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, é o máis prestixioso en Galicia no ámbito das bandas de música.
A Banda de Lousame compite por primeira vez neste certame facéndoo na sección terceira que agrupa ás bandas de ata 50 músicos. Xunto coas bandas de Arteixo, Lira de Ribadavia, Belesar e Airiños do Morrazo, a Banda de Lousame aspira a acadar algún dos premios que se darán ás mellores interpretacións.
Con motivo deste encontro o Concello de Lousame pon a disposición de tódolos veciños do concello e arredores un autobús que sairá da Praza do Concello ás 6 da tarde do día 25 para chegar ó comenzo do certame as 8 da tarde, xa que ademáis a Banda de Lousame actúa en primeiro lugar. Os interesados en acompañar á banda e darlle ánimos para acadar un premio deben inscribirse chamando á Casa da Cultura (teléfono: 981 825780). O custo da viaxe é de 4 €.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario