Noia, 3 de novembro de 2011. A última exposición do IX premio de creación fotográfica Luis Ksado vai estar na Casa da Cultura "Antón Avilés de Taramancos" de Noia ata o mesmo día das eleccións xerais, o 20 de novembro. O premio de creación fotográfica "Luis Ksado", que non se convoca este ano, serve para a difusión das artes da imaxe e, especialmente da fotografía. Tamén contribúe á conservación da memoria de personaxes tan representativos neste campo como o foi Luís Ksado. Está convocado e patrocinado pola Deputación da Coruña.Quen era Luis Ksado?Consulte na Wikipedia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario