18.11.11

A Pobra: levarán ao pleno do xoves 24 o arranxo da travesa da Baiuca

Media_httpfarm5static_qhojv

A Pobra, 18 de novembro de 2011. No vindeiro pleno municipal do día 24 levarase, para á súa aprobación, o proxecto intitulado "Acondicionamento do vial Travesa da Baiuca", obra que correrá a cargo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas cun orzamento de 337.012,05 €, segundo informou hoxe o Concello.

As obras consistirán en traballos estruturais baseados na demolición do pavimento existente e soleiras existentes nas frontes das vivendas, incluso escavación de zanxas para facer zapatas corridas de cimentación baixo os muros de formigón armado a executar.Realizaranse instalacións de saneamento consistentes na colocación de canalizacións de PVC SN-4 compacto soterradas incluso coa parte proporcional dos pozos de rexistro necesarios. Tamén se realizarán as instalacións de pluviais consistentes na colocación de tubarias de PVC SN-8 corrugado, soterradas coa parte proporcional dos pozos de rexistro necesarios e as arquetas sumidoiro. Pavimentarase con aglomerado asfáltico en quente de 6 cm de composición densa D-20.

Para rematar, colocaranse beirarrúas con bordelo prefabricado de formigón e pavimento de lousa prefabricada, imitando pedra, de alta resistencia e antideslizante. Simultaneamente colocaranse as canalizacións para a rede de alumeado público, con tubo de PVC de 90 mm de diámetro e as arquetas prefabricadas de formigón, tamén luminarias exteriores compostas por columnas de 3,60 metros de altura equipadas con lámpadas de 100 W. Colocarase mobiliario urbano consistente en bancos de bloque de granito silvestre acabado abuxardado e pulido, hidrante contra incendios, luminaria antivandálica e unha marquesiña de metacrilato na parada do autobús e papeleiras de madeira tropical con cesto interior de chapa.

Desde o concello aseguran que continúan a traballar para  servizos e as mellores infraestruturas e con esta obra, e máis a do paseo do Río Morto, conseguirase unha maior fluidez no tráfico rodado así como un mellor acceso para os veciños da Pontenaveira, a Figueira, ou o Sobral.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical